jueves, 25 de abril de 2019

SOLUCIÓN AO TERCEIRO RETO

OLA!
Desta volta traemos o video coa solución do terceiro reto. Esta vez investigamos sobre o Oso Panda, que igual que o Saola, está en perigo de extinción. Empregamos dúas fontes de investigación: estivemos por primeira vez na biblioteca do cole e collimos dous libros de consulta. Tamén buscamos información en Google. Fixemos uns debuxos chulísimos!



Aquí tedes o enlace ao video.




lunes, 8 de abril de 2019

SOLUCIÓN DO SEGUNDO RETO

OLA!! Aquí tedes un pequeno video das cousas que aprendimos do saola. Esta vez a nosa fonte de información foi internet. Escribimos en google SAOLA e vimos o que saía.




lunes, 25 de marzo de 2019

SOLUCIÓN DO PRIMEIRO RETO.

Que adiviña máis guai a que nos mandaron os compañeiros e as compañeiras de Mondego. Investigamos e aprendimos moitas cousas. Aquí vai todo o que sabemos.


CHEGOU O PRIMEIRO RETO


No seguinte enlace está o reto que nos mandaron xs amigxs do cole de Mondego. Tivemos a sorte de ter unha video chamada con eles e xa nos coñecemos. 

http://mundego.blogspot.com/2019/03/reto-pequechxs-1.html

lunes, 18 de febrero de 2019

Ola! Somos os nenos e nenas de 4 anos do CEIP Felipe De Castro de Noia. Aquí sedes os nosos autorretratos.



martes, 29 de enero de 2019

Aquí estamos os Pequechxs do Baxoi. Somos os nenos e nenas de 3 anos do cole Castro Baxoi de Miño.


domingo, 20 de enero de 2019

Ola! 
Este blogue nace para levar a cabo o proxecto "Abrindo portas ao mundo", no que  tres clases de tres centros diferentes, colaboraremos resolvendo retos mediante os que viaxaremos polo mundo adiante.

Esperemos que vos gusten as nosas andainas!